Close
Type at least 1 character to search
Back to top

Slide Derecho Administrativo - Dereito Administrativo - Administrative Law On Tax & Legal - Derecho Administrativo - Dereito Administrativo - Administrative Law

Dereito
Administrativo

On Tax & Legal - Abogados de Empresa - Avogados de Empresa - Corporate Lawyers
Administrativo Scroll down

Dispomos de avogados con acreditada experiencia en Dereito Administrativo. Prestamos asesoramento xurídico especializado indistintamente tanto a administracións e organismos públicos (concellos, mancomunidades etcétera) como a empresas, asociacións empresariais, fundacións e particulares nas súas relacións coa Administración pública.

 

Ofrecemos:

 

  • Asistencia xurídica na tramitación de expedientes administrativos de toda índole:
    • Solicitude, tramitación e obtención de autorizacións, licenzas, comunicacións previas e permisos administrativos de toda clase: augas, minas, montes, costas, medio ambiente.
    • Contratación e licitacións públicas.
    • Procedementos de reintegro de subvencións e axudas.
    • Dereito sancionador: infraccións e sancións.
    • Responsabilidade patrimonial das Administracións públicas.
    • Expropiacións e procedementos de reversión.
    • Medio ambiente.
    • Bens de dominio público: costas, augas, montes, patrimonio histórico-artístico e cultural, etc.
  • Dirección letrada en procesos administrativos e contencioso-administrativos de toda clase.
  • Función pública e outros réximes de emprego público: disciplinarios, retributivos, selección de persoal e provisión de postos de traballo.

Ofrecemos servizos especializados para as Administracións Públicas, así como para todos aqueles organismos e entidades que forman parte do sector público, que comprenden:

 

O asesoramento xurídico especializado en todos os ámbitos do dereito administrativo: elaboración de proxectos normativos, informes xurídicos e ditames diversos (redacción, modificacións, interpretación e resolución de contratos, preparación de pregos de cláusulas administrativas e documentos preparatorios etc.) facilitando o apoio técnico necesario para a toma de decisións que aseguren o correcto cumprimento da lexislación por parte da Administración, e evitando eventuais litixios, prexuízos ou responsabilidades.

 

A representación e defensa xurídica das Administracións nos procedementos contencioso-administrativos perante os xulgados e tribunais de xustiza por parte de profesionais especializados en dereito administrativo e a súa práctica contenciosa.

 

A auditoría xurídica para Administracións públicas mediante a análise legal e avaliación dos procedementos e prácticas administrativas que permitan descubrir deficiencias ou irregularidades nas distintas áreas da Administración, así como determinar os plans de mellora.

Contamos cun equipo de profesionais con ampla experiencia no asesoramento xurídico nas distintas áreas propias da actividade inmobiliaria (compravenda de todo tipo de inmobles e sociedades inmobiliarias, arrendamentos, contratos de promoción e construción, financiamento inmobiliario e constitución de garantías etcétera), e tamén nos procedementos de elaboración e tramitación do planeamento urbanístico, xestión, execución e disciplina urbanística, prestando asesoramento tanto a clientes privados (empresas e particulares) como a Administracións públicas.

 

Este servizo especializado compleméntase con outras áreas do despacho dedicadas en exclusiva ás restantes especialidades xurídicas que poden verse afectadas en materia inmobiliaria e urbanística: fiscal, civil e penal fundamentalmente.

 

Como parte esencial para o completo desenvolvemento de calquera actividade inmobiliaria (empresarial ou de particulares), o noso equipo realiza un estudo do planeamento urbanístico en vigor analizando todas as alternativas viables para a obtención do máximo e mellor aproveitamento urbanístico posible, e tamén para a comprobación de que os inmobles ou proxectos cumpren a correspondente normativa aplicable, tanto urbanística como sectorial: costas, montes, patrimonio etcétera.

 

As principais áreas de práctica do departamento son:

  • Estudo e redacción de todo tipo de contratos inmobiliarios: compravenda, arrendamentos, cesións de uso, promoción, construción, financiamento etcétera.
  • Acompañamento legal para a correcta execución de trámites perante o Rexistro da Propiedade e a notaría.
  • Intervención na edificación e uso do solo: asesoramento na preparación de comunicacións previas e obtención de licenzas de construción e de calquera título urbanístico esixible (de ocupación, funcionamento etcétera).
  • Procedementos de reposición da legalidade urbanística: denunciante/denunciado.
  • Procedementos de legalización.
  • Procedementos sancionadores en materia urbanística.
  • Reclamacións de responsabilidade patrimonial ás Administracións públicas como consecuencia da anulación de licenzas ou do planeamento urbanístico.

Dirección letrada en procesos contencioso-administrativos, civís e penais relativos a todas as áreas relacionadas co urbanismo, a construción e o sector inmobiliario en xeral.

Nosos avogados

Especialistas en Dereito Administrativo e Sector Público | Vigo | Coruña | Madrid

Outras áreas

Dereito Marítimo, de Transporte e Seguros

Dereito Laboral

Compliance, Forensic e Anti Money Laundering

Dereito Concursal e Reestruturacións

Dereito Financeiro e Mercado de Capitais

Dereito Mercantil

Dereito Fiscal e Tributario

Dereito Procesual, Civil e Penal