Close
Type at least 1 character to search
Back to top

Contamos con avogados cun alto grado de especialización, con capacidade e ampla experiencia no asesoramento a empresas de primeiro nivel en todo tipo de cuestións propias das relacións laborais entre o empresario e o traballador.

 

– Asesoramento e dirección letrada en litixios de índole laboral: despedimentos, extincións, reclamacións de cantidades, modificacións substanciais de condicións de traballo, conflitos colectivos e calquera outro asunto de índole laboral propio da actividade diaria da empresa.

 

– Asesoramento na redacción e interpretación de contratos de traballo.

 

– Asesoramento e planificación en medidas de flexibilización de condicións de traballo e optimización dos recursos.

 

– Réxime disciplinario e sancionador.

Os nosos especialistas en dereito laboral prestan asesoramento personalizado en cuestións de seguridade social e prevención de riscos laborais.

 

– Estudo e asesoramento en procesos de incapacidade, tanto temporal como permanente: tramitacións e posibles impugnacións;

– Medidas de xubilación, tanto ordinaria como anticipada ou parcial.

– Asistencia e seguimento dos plans de prevención de riscos e saúde laboral para pemes e grandes empresas.

– Asesoramento e asistencia fronte aos requirimentos de inspección de traballo.

– Xestión inmediata de accidentes de traballo: defensa xurídica no ámbito laboral e administrativo, en coordinación cos responsables da área penal.

– Asesoramento e defensa en procesos de recargo de prestacións.

Os nosos especialistas en dereito laboral xunto cos nosos especialistas en dereito fiscal teñen participado e dirixido numerosas operacións de reestruturación de persoal e de redistribución patrimonial en distintos grupos de empresa.

 

– Asesoramento en operacións de reorganización do cadro de persoal.

– “Due diligence” laboral; estudo da adaptación da empresa á normativa laboral, con recomendacións para a mellora no cumprimento.

– Negociación colectiva; asesoramento en redacción e negociación de convenio propio de empresa, así como de pactos internos de regulación específica adheridos ao convenio de aplicación.

– Asesoramento e negociación de medidas colectivas como ERES, modificacións substanciais de condicións ou traslados colectivos.

A nosa firma conta con avogados especializados no asesoramento a empresas en crise, pois ten participado en múltiples e relevantes operacións de expedientes de regulación de emprego e concursos de acredores durante os últimos anos.

 

– Asesoramento en concurso, tramitación de expedientes de regulación de emprego así como de extincións individuais e demais incidencias de natureza laboral dentro do procedemento concursal.

EQUIPO On TAX & LEGAL

Especialistas na área

Outras áreas

Concursal e Reestruturacións

Financieiro e Capitais

Mercantil

Fiscal

Procesual, Civil e Penal

Marítimo

Administrativo

Compliance, Forensic e Anti Money Laundering