Contamos con avogados cunha extensa experiencia na xestión de asuntos relacionados co Dereito Marítimo, incluíndo tanto a esfera privada como a súa dimensión pública.
- Asesoramento en Dereito Marítimo e asistencia na negociación de contratos (arrendamento de buques, frete e transporte marítimo de mercancías en réxime de coñecemento de embarque, pasaxe, remolque, consignación e de axencia), así como resolución de disputas derivadas dos mesmos;
- Vendas marítimas internacionais e créditos documentarios;
- Asistencia na negociación e deseño de contratos de construción, reparación, compravenda e financiamento de buques, incluíndo a súa exportación, importación, rexistro e abandeiramento;
- Asesoramento precontencioso e resolución de disputas en materia de abordaxe, salvamento, remolque extraordinario, achados e extraccións marítimas, avaría grave, limitación de responsabilidade do navieiro e contaminación mariña;
- Seguros marítimos (casco e P&I) e as especialidades derivadas da súa singularidade;
- Expedientes administrativos sancionadores, con especial atención aos problemas derivados da pesca;
- Asesoramento en materia de concesións e autorizacións portuarias, e en procedementos de responsabilidade patrimonial da Administración;
- A náutica deportiva no relacionado co asesoramento e asistencia para a solución de disputas na navegación de recreo; compravenda, financiamento e abandeiramento de iates; accidentes, seguro e responsabilidade civil.
Os nosos especialistas asesoran actualmente un importante número de empresas dedicadas ao transporte e á loxística, tanto nacional como internacional, ou cuxa actividade implica a realización de operacións comerciais internacionais.
- Asesoramento para a contratación e para a resolución de disputas relativas ao transporte por estrada, loxística, depósito e manipulación de mercadorías.
- Asesoramento en materia de alfándegas, tránsitos e outros procedementos administrativos derivados da actividade do transporte.
- Contratos de intermediación no transporte.
- Contratos de compravenda internacional de mercadorías, aplicación de INCOTERMS©, e resolución de problemas de dereito internacional privado.
Temos unha ampla experiencia en todo o relacionado co contrato de seguros. Asesoramos tanto a asegurados, como a compañías aseguradoras. Alén dos seguros marítimos, a nosa experiencia abarca seguros de danos, responsabilidade civil, responsabilidade medioambiental e de directivos e administradores (D&O).
- Asesoramento na fase precontractual estudando os contratos e ofertas dispoñibles co fin de realizar unha valoración e recomendacións relativas á elección de pólizas e compañías.
- En materia de sinistros, asesoramos de xeito preventivo contribuíndo a establecer sistemas e protocolos de evitación de sinistros ou de xestión dos mesmos, e, con posterioridade ao seu acaecemento, na investigación e tramitación dos sinistros ata a súa liquidación.
- Asesoramento e solución de disputas xurdidas na liquidación dos sinistros.
- Accións de recobro ou repetición dos aseguradores.