Close
Type at least 1 character to search
Back to top

Contamos con avogados cun alto grao de especialización, con capacidade e ampla experiencia no asesoramento a empresas de primeiro nivel en todo tipo de asuntos societarios e que actúan de forma coordinada cos nosos especialistas en Dereito Fiscal a efectos de dar o mellor servizo ao cliente.

 

– Asesoramento na constitución de todo tipo de sociedades mercantís e na súa actividade posterior ata a súa liquidación (incluíndo no ámbito societario, ampliacións de capital e calquera tipo de modificacións estatutarias, estrutura dos órganos de goberno, etc.).

– Deseño e implementación toda clase de estruturas societarias, así como reorganización e reestruturación de toda clase de grupos de sociedades.

– Asesoramento sobre goberno corporativo.

– Asesoramento en materia de responsabilidade de administradores.

– Asesoramento en todo tipo de contratos mercantís.

Os nosos especialistas en dereito mercantil, en colaboración cos nosos especialistas en dereito fiscal, teñen participado e dirixido numerosas operacións de fusión e adquisición tanto nacionais como internacionais.

 

– “Due diligence” de compra e venda.

– Deseño da estrutura máis adecuada para a operación, tanto desde o punto de vista mercantil como de eficiencia fiscal.

– Redacción dos documentos en que se sustenta a transacción (acordo de confidencialidade, contrato de compravenda, acordos de socios, modificacións estatutarias).

– Asesoramento na negociación e closing da transacción.

Da man dun equipo multidisciplinar ofrecémoslles a sociedades e fondos de capital risco un asesoramento completo, tanto a efectos da súa constitución como da súa actividade.

 

– Asesoramento na constitución de sociedades e fondos de capital risco.

– Deseño e estrutura fiscal das operacións propias de sociedades e fondos de capital risco.

– Asesoramento na redacción, negociación e peche tanto dos contratos mercantís en que se recolla a transacción como dos contratos de financiamento da mesma.

– Asesoramento nos procesos de saída e desinvestimento.

A nosa firma conta con avogados especializados no asesoramento a empresas en crise, pois ten participado en múltiples e relevantes operacións de refinanciamento e concursos de acredores durante os últimos anos.

 

– Asesoramento en operacións de refinanciamento e reestruturación de débeda.

– Asesoramento en concurso, incluída toda a súa tramitación e a tutela da relación cos administradores concursais.

– Asesoramento en materia de responsabilidade de administradores en procedementos de insolvencia.

EQUIPO On TAX & LEGAL

Especialistas na área

Outras áreas

Laboral

Financieiro e Capitais

Fiscal

Procesual, Civil e Penal

Marítimo

Administrativo