Close
Type at least 1 character to search
Back to top

Slide On Tax & Legal - Derecho Procesal - Dereito Procesual - Litigation On Tax & Legal - Derecho Procesal - Dereito Procesual - Litigation

Dereito Procesual, Civil e Penal

On Tax & Legal - Abogados de Empresa - Avogados de Empresa - Corporate Lawyers
Procesal, Civil y Penal Scroll down

Os avogados do noso despacho contan con ampla experiencia en Dereito Procesual, Civil e Penal e asesoran a clientes en situacións de conflito. Traballamos en todos os ámbitos relativos á actividade empresarial: civil, mercantil, laboral, penal e administrativo.

 

Á hora de afrontar estas situacións de conflito, a nosa forma de actuar inclúe a formación de equipos multidisciplinares. Estes compóñense de avogados especialistas en Dereito Procesual, xunto con outros avogados do despacho especializados na rama do dereito correspondente, segundo o asunto encargado: mercantil, financeiro, tributario ou calquera outra. Sempre co propósito de darlles valor engadido aos nosos clientes, tanto nas negociacións preliminares como, chegado o caso, durante o procedemento xudicial.

 

O coñecemento das singularidades de cada sector e de cada cliente: banca, pesca, automoción, hoteleiro, etc., é esencial para poder ofrecer un asesoramento integral na resolución de conflitos.

 

 

Ofrecemos:

 

Asesoramento precontencioso, negociación e acordos extraxudiciais.

Dirección letrada en procedementos xudiciais perante as xurisdicións civil, mercantil, social, contencioso-administrativa e penal (delitos económicos e medioambientais).

 

 

Accións de responsabilidade:

  • Por culpa (contractual e extracontractual).
  • Profesional.

 

Conflitos societarios:

  • Impugnación de acordos sociais.
  • Conflitos entre socios.
  • Accións de responsabilidade fronte a administradores.

 

Contratación civil e mercantil:

  • Reclamación de cantidades.
  • Procedementos sobre validez, interpretación e execución de contratos civís e mercantís.
  • Resolución e cumprimento de contratos mercantís (distribución, axencia, franquías, concesión etcétera).
  • Arrendamentos e propiedade horizontal.
  • Propiedade, transmisión, disposición e administración de bens inmobles.

 

Procesos de execución:

  • Execución en España de resolucións estranxeiras.
  • Execución de garantías persoais e reais.
  • Títulos xudiciais.
  • Procedementos monitorio e cambiario.

 

Procedementos penais:

  • Delitos societarios.
  • Delitos económicos (estafa, apropiación indebida, falsidade documental etcétera);
  • delitos contra os dereitos dos traballadores (en particular, nos accidentes de traballo).
  • Delitos medioambientais.

Nosos avogados

Especialistas en Dereito Procesual, Civil e Penal | Vigo | Coruña | Madrid

Outras áreas

Dereito Financeiro e Mercado de Capitais

Dereito Mercantil

Dereito Fiscal e Tributario

Dereito Marítimo, de Transporte e Seguros

Dereito Administrativo

Dereito Laboral

Compliance, Forensic e Anti Money Laundering

Dereito Concursal e Reestruturacións