Close
Type at least 1 character to search
Back to top

Slide Marítimo, de transporte e seguros Marítimo, de transporte y seguros Scroll down

Contamos cunha extensa experiencia na xestión de asuntos relacionados co dereito marítimo, incluíndo tanto a esfera privada como a súa dimensión pública.

 

– Asesoramento e asistencia na negociación de contratos (arrendamento de buques, frete e transporte marítimo de mercancías en réxime de coñecemento de embarque, pasaxe, remolque, consignación e de axencia), así como resolución de disputas derivadas dos mesmos;

– Vendas marítimas internacionais e créditos documentarios;

– Asistencia na negociación e deseño de contratos de construción, reparación, compravenda e financiamento de buques, incluíndo a súa exportación, importación, rexistro e abandeiramento;

– Asesoramento precontencioso e resolución de disputas en materia de abordaxe, salvamento, remolque extraordinario, achados e extraccións marítimas, avaría grave, limitación de responsabilidade do navieiro e contaminación mariña;

– Seguros marítimos (casco e P&I) e as especialidades derivadas da súa singularidade;

– Expedientes administrativos sancionadores, con especial atención aos problemas derivados da pesca;

– Asesoramento en materia de concesións e autorizacións portuarias, e en procedementos de responsabilidade patrimonial da Administración;

– A náutica deportiva no relacionado co asesoramento e asistencia para a solución de disputas na navegación de recreo; compravenda, financiamento e abandeiramento de iates; accidentes, seguro e responsabilidade civil.

Os nosos especialistas asesoran actualmente un importante número de empresas dedicadas ao transporte e á loxística, tanto nacional como internacional, ou cuxa actividade implica a realización de operacións comerciais internacionais.

 

– Asesoramento para a contratación e para a resolución de disputas relativas ao transporte por estrada, loxística, depósito e manipulación de mercadorías.

– Asesoramento en materia de alfándegas, tránsitos e outros procedementos administrativos derivados da actividade do transporte.

– Contratos de intermediación no transporte.

– Contratos de compravenda internacional de mercadorías, aplicación de INCOTERMS©, e resolución de problemas de dereito internacional privado.

Temos unha ampla experiencia en todo o relacionado co contrato de seguro e actualmente asesoramos tanto a asegurados como a compañías aseguradoras. Alén dos seguros marítimos, a nosa experiencia abarca seguros de danos, responsabilidade civil, responsabilidade medioambiental e de directivos e administradores (D&O).

 

– Asesoramento na fase precontractual estudando os contratos e ofertas dispoñibles co fin de realizar unha valoración e recomendacións relativas á elección de pólizas e compañías.

– En materia de sinistros, asesoramos de xeito preventivo contribuíndo a establecer sistemas e protocolos de evitación de sinistros ou de xestión dos mesmos, e, con posterioridade ao seu acaecemento, na investigación e tramitación dos sinistros ata a súa liquidación.

– Asesoramento e solución de disputas xurdidas na liquidación dos sinistros.

– Accións de recobro ou repetición dos aseguradores.

EQUIPO On TAX & LEGAL

Especialistas na área

Outras áreas

Financieiro e Capitais

Mercantil

Fiscal

Procesual, Civil e Penal

Administrativo

Laboral

Compliance, Forensic e Anti Money Laundering

Concursal e Reestruturacións