Dende o noso Despacho prestamos servizos a un importante número de compañías vinculadas ás telecomunicacións e novas tecnoloxías. Dende operadores de telefonía a empresas de desenvolvemento de software, comercialización de material informático, entre outras. O noso equipo multidisciplinar presta servizos en todos os ámbitos legais e fiscais. Prestamos os servizos propios de calquera empresa como asesoramento continuado en materia laboral, mercantil ou fiscal; contratación de empregados, inspeccións tributarias, elaboración de contratos, etc. Pero ademais temos unha destacada experiencia sectorial e asesoramos en contratos entre operadores (interconexión, OMV, Roaming, cableado, instalación de equipos), así como en procesos de adquisición de empresas ou acordos de explotación de liñas ( joint venture). Temos experiencia no asesoramento na contratación con usuarios e en relación co marco regulatorio específico (licenzas, infraestruturas, relación coa CNMT, etc.).