O noso equipo ten unha ampla experiencia neste sector xa que entre os nosos clientes atópanse varios negocios turísticos, hoteis, balnearios, termas e outros establecementos de restauración e lecer. Asesoramos aos nosos clientes en todas as fases do seu negocio. Destacamos as seguintes actuacións:
(i) adquisición de negocios de hostalería ou hoteis;
(ii) análise e restructuración e ordenación fiscal e mercantil de grupos hostaleiros;
(iii) procesos de restructuración concursal de grupos hostaleiros;
(iv) secretarías de Consello de Administración;
(v) asesoramento continuado en materia laboral, convenios colectivos, expedientes de regulación de emprego; (vi) acordos de joint Venture para a xestión de hoteis;
(vii) elaboración e revisión de contratos en xeral,
(viii) asesoramento en materia administrativa e urbanística (obtención de licenzas adquisición de terreos, reparcelamentos), para complexos como campos de golf, termas, ou balnearios.