










Especializados
Somos un despacho de avogados especialistas en dereito de empresa.
Contamos cun equipo de avogados novos que, por experiencia e formación, ofrece un servizo profesional e cun alto nivel de especialización, que lles dá solucións xurídicas innovadoras aos nosos clientes.
Innovadores
A nosa experiencia profesional permitiunos consolidar un despacho cun perfil constantemente innovador, áxil e flexible, e en permanente procura da excelencia no servizo.
Investimos na xestión do coñecemento do noso equipo e na formación continua dos nosos profesionais co obxectivo de darlles un servizo integral aos nosos clientes, alén de achegar verdadeiro valor engadido a proxectos relevantes en todos os sectores do ámbito empresarial.
Comprometidos
A nosa firma preocúpase por superar as expectativas dos nosos clientes, aspirando a manter vínculos estables no tempo, relacións recorrentes, que nos converten na práctica no colaborador legal das empresas ás que lles prestamos os nosos servizos.
Somos flexibles, e adaptámonos a cada un dos nosos clientes e ás suas necesidades, segundo as circunstancias de cada momento.
Atlánticos
Dende as nosas oficinas de Vigo e A Coruña prestamos asesoramento principalmente en Galicia e no norte de Portugal.
Tamén acompañamos e asesoramos os nosos clientes en operacións e negocios de ámbito nacional e internacional.

Estamos On
Descobre as nosas últimas noticias no blogue